Xornada: Educación Social e adiccións (aprazada)

28 - 06 - 2023

ACTUALIZACIÓN: Seguindo as instrucións da Universidade da Coruña e as recomendacións sanitarias para a prevención da expansión do coronavirus, aprázase a Xornada de Adiccións prevista para o 13 de marzo, evitando así posibles situacións de risco de contaxio para as persoas relatoras e asistentes.

Proximamente anunciaremos a nova data, para a que se manteñen as inscricións realizadas.

—-

O grupo de traballo Miolo, sobre Educación Social no ámbito da saúde, organiza en colaboración da Universidade da Coruña a xornada ‘Educación Social e adiccións. Experiencias socioeducativas en Galicia’.

Esta xornada está dirixida tanto a profesionais de centros de atención a persoas con adiccións como a estudantes e voluntariado con interese por este ámbito. Pretende difundir e poñer en valor as experiencias que se están a levar a cabo no ámbito das adiccións en Galicia, crear ou fortalecer redes entre as entidades que traballan neste eido en Galicia, así como destacar a importancia da profesión de Educación Social e do labor socioeducativo neste ámbito.

O prazo de inscricións estará aberto ata o 9 de marzo.