Comunicado en relación coa situación de estado de alarma
En relación á situación de alarma decretada polo goberno con motivo da pandemia por COVID-19, dende o Ceesg queremos sinalar:
Toda/o profesional colexiada/o está suxeita/o á obriga de cumprir e facer cumprir as normas e protocolos establecidos no marco da ética e deontoloxía profesional, o que supón unha garantía para a cidadanía.
Estamos ante un asunto de responsabilidade individual e colectiva baseado no interese xeral que todas e todos debemos asumir, sen que iso dependa dos posibles premios ou sancións.
As/os profesionais deben achegar os seus coñecementos, competencias e habilidades para afrontar o curso desta pandemia, optimizando os recursos, medios e actuacións con criterios profesionais que deberán ser aplicados no marco das normas, os protocolos e a deontoloxía profesional.
Máis que nunca debemos pensar nos demais e coidar de nós mesmas e das persoas ao noso arredor, atendendo ás pautas dadas polas e polos profesionais e ao respecto cara os demais, dado que canto fagamos nestas circunstancias repercutirá no conxunto da cidadanía.
En relación ao exercicio da educación social, dende o Ceesg temos solicitado ás autoridades información fidedigna sobre as instrucións a ter en conta para traballar de xeito seguro en todos os eidos onde a Educación Social poida ter lugar, tanto para as persoas atendidas como para as/os profesionais.