Eleccións galegas 2020. Propostas desde a Educación Social para a construción dunhas políticas públicas máis xustas.
Este ano celebraranse eleccións autonómicas en Galicia, delas sairá un novo Parlamento Galego e un novo goberno da Xunta de Galicia.
Co obxectivo de contribuír á construción dunhas políticas públicas máis xustas, comezamos un proceso de recollida de propostas hai xa semanas, mais o envío desas propostas aos partidos políticos quedou pausado polo estado de alarma. Agora que as eleccións volven á axenda política, cunha situación na que están medrando situacións de vulnerabilidade que requiren unha atención aínda maior ao plano socioeducativo, retomamos este proceso de novo.
Queremos que a Educación Social galega teña a súa propia voz nas políticas públicas. Neste proceso, pedímosche a ti, colexiada/o, que nos fagas chegar as túas demandas, ideas, peticións. Con elas elaboraremos un documento coas nosas propostas de medidas electorais que faremos chegar a todos os partidos que concurran nestas eleccións.
Queremos seguir construíndo unha sociedade inclusiva e igualitaria que atenda e respete todas ás diversidades e non deixe fóra a ninguén.
Queremos facer chegar aos partidos políticos as nosas demandas para que o dereito da cidadanía á Educación Social sexa garantido.
Podes enviarnos as túas propostas a servizos.colexiais@ceesg.org ata o domingo 31 de maio.
#SomosEducaciónSocial