Presentación da campaña 'Nin Risga, nin Ingreso Mínimo Vital, Renda Básica XA!'
Ante a proximidade das eleccións galegas os colectivos asinantes da campaña ‘Nin risga nin ingreso mínimo vital, renda básica XA’ presentarán en roldas de prensa simultáneas na Coruña, Vigo e Santiago de Compostela o martes 23 de xuño as súas propostas para que a renda básica serva de base a unhas novas políticas sociais.
- En Compostela: ás 11:00 h en San Caetano, enfronte da Estación de Autobuses.
- En Vigo: ás 11:00 h diante do Edificio Administrativo da Xunta, na Rúa Concepción Arenal nº 8.
- En A Coruña: ás 11:00 h diante das Oficinas da Xunta na Praza Pontevedra nº 22.
Consideramos que o estado de alarma deixou en evidencia a inacción da Xunta, algo que por desgraza viñamos padecendo de antes e agora quedou ao descuberto. A desescalada acelérase e a máquina das eleccións ponse en marcha como si nada tivera pasado nestes meses.
As políticas galegas que se puxeron en marcha neste tempo son minúsculas ante a magnitude da crise sanitaria, económica e social que estamos a vivir. Queda claro que non todas as vidas importan.
Ante esta situación presentamos as nosas proposta en catro aspectos que cómpre mellorar con urxencia:- Renda Básica fronte a RISGA ou Ingreso Mínimo Vital…
- Dereito a vivenda.
- Dereitos da Poboación migrante.
- Dereitos das Persoas Maiores
Rematando esixindo que o vindeiro goberno da Xunta, asuma a proposta dunha RENDA BÁSICA suficiente, incondicional, universal e incorporada como pleno dereito da cidadanía, como base dunha nova política social, que xire entorno ao conxunto de necesidades das persoas e que teña en conta ao conxunto da cidadanía nas súas diversidades.
Os colectvos asinantes da Campaña son: Foro Galego de Inmigración, Oficina Dereitos Sociais de Coia, Colectivos pola Renda Básica Universal de Compostela, Betanzos e A Coruña, Boa Vida, SOS Racismo Galicia, ONGD Viraventos, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, Coordinación Baladre contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión social, Coordinadora de Crentes Galeg@s, Asociación Fuco Buxán, Vangarda Obreira da Coruña.