Medidas propostas polo Ceesg en relación á crise do coronavirus
28 - 06 - 2023
En relación á situación actual de emerxencia sanitaria, vimos de solicitar ao presidente da Xunta de Galicia:
- Que se apliquen as medidas de protección necesarias, garantindo os Equipos de Protección Individual e os produtos de desinfección necesarios para usuarios/as e profesionais.
- Que se establezan protocolos e instrucións específicas para a prevención de contaxios, para actuar con seguridade tanto para as/os profesionais como para as persoas atendidas, tendo en conta as características xerais de cada tipo de recurso e cada grupo de poboación destinataria da intervención. Estes protocolos e instrucións distribuílos non só de xeito interno, senón en colaboración cos colexios profesionais, para asegurar a súa máxima difusión.
- Que se garanta o tratamento e atención médica adecuados tanto a profesionais como ás persoas que atenden.
Ademais, propuxemos:
- A incorporación da Educación Social xunto co resto de profesionais do social, naqueles comités ou espazos onde se considere que polas nosas capacidades, habilidades, competencias e recursos podemos aportar a experiencia e o coñecemento profesional na atención directa da cidadanía.
- A implementación de medidas a medio e longo prazo destinadas ás persoas e grupos en situación de maior vulnerabilidade.
Esa serie de medidas a medio e longo prazo entendémolo como un documento aberto, polo que está á disposición das colexiadas e colexiados para realizar todas aquelas achegas que queirades aportar. Podedes enviar as vosas propostas por correo-e. Ver documento
Moitas grazas a todas as profesionais que nestas circunstancias seguides contribuíndo co voso traballo ao benestar das persoas.