Obradoiro en liña: ‘Familias reconstituídas. Un novo mapa de funcionamento’
Nos últimos 50 anos asistimos a unha profunda transformación das estruturas familiares e as formas de convivencia. E é que a familia, como sistema social, é dinámica e está en continua evolución o que deu lugar a unha gran diversificación. A familia reconstituída é a formada por unha parella na que polo menos un/unha das/os seus/súas membros ten fillas ou fillos de relacións anteriores, convivan ou non con elas/es de forma permanente. É un modelo familiar cuantitativamente crecente, cunhas dificultades específicas que supoñen un reto para as e os profesionais.
Este obradoiro pretende difundir a especificidade e mapa de funcionamento do modelo de Familia Reconstituída entre profesionais dos ámbitos da intervención familiar, da educación e da saúde, tanto do sector público como do terceiro sector. Cunha duración de 2 horas, está subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.
A conexión entre participantes e dinamizadoras/es farase a través de Zoom.
4 de novembro, de 16:00 a 18:00 h.
Inscrición gratuíta (prazo ata 1 de novembro)
NOTA IMPORTANTE: As persoas inscritas recibirán indicacións para a conexión e participación o día 3 de novembro.