Feira Laborando II. Proxectos de vida feministas.

28 - 06 - 2023

Esta feira é unha iniciativa que pretende crear espazos virtuais de encontro, intercambio e formación entre mulleres.

Laborando é, por unha banda, un espazo expositivo de proxectos profesionais, laborais, culturais, artísticos, organizativos e de vida feministas. E por outra, a creación de redes de colaboración e axuda mutua entre as mulleres que lideran estes proxectos.

A feira desenvolverase de xeito totalmente virtual, constando dunha web con información das participantes, da feira e dos eventos que serán realizados, e disporá da plataforma de videoconferencia Zoom para o desenvolvemento dos obradoiros, palestra e foros de debate.

O Ceesg colabora con esta iniciativa como entidade patrocinadora.


Para coñecer máis detalles podes:

Visitar o blogue https://estudoslaboraisfeministas.blogspot.com/

Ver o evento en facebook