25N, en negro contra as violencias

28 - 06 - 2023

25 de novembro, Día Internacional pola eliminación das violencias contra as mulleres.

Dende o CGCEES propoñen o uso do hashtag #EdusoESnoVG para visibilizar as achegas da Educación Social.

Tamén nos sumamos un ano máis á campaña ‘En Negro contra as violencias’, unha acción colectiva de sensibilización social. Animamos a que todas e todos vos sumedes á iniciativa de xeito individual.

Este ano cobra especial relevancia a participación virtual, compartindo os hashtag #ContraAsViolencias #EnNegroContraAsViolencias #ContraAsViolencias #GaliciaEnNegro #EnNegro

Tamén haberá concentracións presenciais en distintos puntos da nosa xeografía.

Web da campaña

Twitter da campaña


Dende o Ceesg, participaremos tamén na VIII Andaina ‘Camiño ao respecto’, colaboramos na distribución de máscaras realizadas por ‘Compostela, Territorio das Mulleres’, e sacamos unha nova edición da formación Retallos ‘Son de Fiar’.