10 de decembro, día dos Dereitos Humanos
28 - 06 - 2023
Cada 10 de decembro, cumpríndose aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, conmemórase o Día Internacional dos Dereitos Humanos.
Dende o Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales convídannos a participar en redes sociais visibilizando as achegas e a relación da Educación Social cos Dereitos Humanos, utilizando o hasgtag #EdusoESDDHH.
Nesta mesma data participamos na Charla e debate sobre a Renda Básica Universal e poremos a disposición na nosa web a publicación sobre Renda Básica Universal elaborada conxuntamente entre o Ceesg e o Colectivo Renda Básica da Coruña (ver sección publicacións).