Investigación: Educación Social Dixital

28 - 06 - 2023

A Universitat Oberta de Catalunya (UOC) trasládanos unha enquisa solicitando colaboración de profesionais da educación social para colaborar na recollida de datos.

O obxectivo inicial desta enquisa é explorar o papel e posibilidades das/os educadoras/es sociais na utilización das tecnoloxías dixitais para fomentar a inclusión social, a participación política e a cidadanía activa, especialmente da mocidade. Forma parte dunha investigación realizada polo Laboratorio de Educación Social (LES), o Grupo de investigación en Aprendizajes, Medios y Entretenimiento (GAME) (ambos da Universitat Oberta de Catalunya) e o Grupo de Investigación en Ciberdemocracia, vinculado á Universidad Rey Juan Carlos. Esta investigación, titulada titulada EDUCACIÓN SOCIAL DIGITAL, está financiada polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

A duración prevista para cubrir a enquisa é duns 20 minutos aproximadamente.

Ir á enquisa.