Superamos as 1000 colexiacións

28 - 06 - 2023

Superar o milleiro de colexiadas/os é un fito importante para a Educación Social, unha profesión na que a colexiación supón o compromiso de exercela de xeito responsable cumprindo así co noso código deontolóxico e coa Lei Galega pola que se crea o propio Colexio Profesional:

Artigo 3.2: ‘Será requisito para exercer a profesión de educador social no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a incorporación ó Colexio de Educadores Sociais de Galicia cando o domicilio profesional único ou principal radique nesta Comunidade.’

Superar o milleiro danos máis representatividade e forza ante as institucións.
Superar o milleiro danos máis representatividade tamén no CGCEES.

Para seguir sumando, convida a calquera educador/a social que aínda non estea colexiada/o a ‘camiñar con nós’ e benefíciate ademais dun desconto na cota de mantemento colexial.         Ver campaña ‘Camiña con nós’