Colaboración para formación de tribunais de selección

28 - 06 - 2023

Pedimos a colaboración colectiva co obxectivo de ampliar a listaxe de colexiadas/os que poidan formar parte en tribunais de procesos selectivos, para poder atender aos concellos ou outros organismos públicos que nos soliciten a designación de educadoras/es sociais con este fin.
Por iso, solicitamos que se traballas na Administración Pública como funcionario/a ou persoal laboral fixo, nos envíes un correo electrónico (ceesg@ceesg.gal) indicándonos a túa situación e categoría profesional para poñernos en contacto contigo no caso de ser necesario.
Moitas grazas.