CGCEES-Formación: ‘Código Deontolóxico e Comisións Deontolóxicas’
28 - 06 - 2023
Os días 7 e 8 de maio de 2021, o CGCEES impartiu un curso en liña de 12 horas de formación sobre 'O Código Deontolóxico e as Comisións Deontolóxicas'.
Neste curso participaron máis de trinta profesionais da Educación Social, entre as que se atopan as integrantes da Comisión de Ética e Deontoloxía do CGCEES, das Xuntas de Goberno dos colexios autonómicos, e das comisións deontolóxicas destes últimos. No caso do Ceesg, participaron nesta formación catro persoas, que forman parte da Comisión Ética e de Benestar Profesional do Ceesg.
Esta formación é importante para o fortalecemento das comisións deontolóxicas, e para o avance na actualización do código deontolóxico.