Achegas do Ceesg á normativa contra a trata
28 - 06 - 2023
O trámite de consulta pública permite a posibilidade de participar achegando ideas e suxestións na actividade normativa que desenvolven as administracións. Aberto este período para o desenvolvemento dun proxecto normativo consistente nunha lei integral contra a trata, o Ceesg fixo as súas achegas, nas que sinala unhas liñas xerais a ter en conta, como a importancia de creación de equipos interdisciplinares que contemplen a Educación Social, ou que se faga unha mención especial ás vítimas menores, entre outras.