Investigación sobre capacidades e competencias na Educación Social

28 - 06 - 2023

O profesor Matthias Moch da Duale Hochschule BadiNen-Württemberg de Alemaña en colaboración co profesor Germán Vargas da Universidade de Santiago de Compostela están realizando un estudo sobre as capacidades dos profesionais da Educación Social (que en Alemaña está integrada ao Traballo Social).
Para a recollida de datos, solicitan a colaboración de profesionais da Educación Social a través dun cuestionario anónimo, que tamén foi aplicado en Alemaña e o Reino Unido, co obxectivo de ter unha perspectiva comparada sobre as capacidades e a formación das/os profesionais da Educación Social.
Trasladamos ao colectivo colexial a súa petición, para que poidades achegar o voso gran a esta investigación, aproveitando para recordar a importancia de contribuír neste tipo de iniciativas que contribúen á construción de coñecemento na nosa profesión.

  1. Pincha neste enlace: https://evasys.dhbw.de/evasys/online
  2. Integra a CLAVE de acceso e pincha en OK: EWR1X
  3. Ao terminar de encher o cuestionario aparecerán as seguintes indicacións:

Der fragebogen wird nun abgesandt. Bitte bestätigen Sie mit (OK) oder whälen Sie (Abbrechen), um zum Fragebogen zurückzukehren.
EL CUESTIONARIO SERÁ ENVIADO. POR FAVOR CONFIRME CON (OK), o SELECCIONE (INTERRUMPIR) PARA VOLVER AL CUESTIONARIO.
Vielen Dank für Ihre Teilnahme.
Sie können das Fenster jetzt schliessen oder an einer weitern Umfrage teilnehmen

MUCHAS GRACIAS POR SU PARTICIPACIÓN
USTED PUEDE CERRAR LA VENTANA

Moitas grazas pola colaboración.