Alegacións para incorporar a Educación Social como Profesión Regulada
28 - 06 - 2023
No período de audiencia e información pública aberto polo Ministerio de Universidades en relación ao Proxecto de Real Decreto polo que se modifica o Real Decreto 581/2017 polo que se incorpora ao ordenamento xurídico español a normativa relativa ao recoñecemento das cualificacións profesionais, o Ceesg presentou as súas achegas, solicitando a incorporación da Educación Social como Profesión Regulada na actualización do Anexo do Real Decreto.