Curso: Ética con menores
Formúlase este curso partindo da necesaria autoreflexión sobre o trato que proporcionamos cara nós mesmas/os e cara o noso colectivo profesional, cun afán de protexer, guiar e mellorar.
O debate arredor dos centros de protección e reforma de menores relacionado coa súa ética profesional e moral crea bastantes discrepancias, e este curso pretende abrir a posibilidade do debate cordial, desmitificando prexuízos e crenzas entorno ao labor das/os Educadoras/es Sociais nos eidos da Infancia e Adolescencia, o trato e a calidade das nosas intervencións, tendo en conta o noso código deontolóxico e os dereitos universais de mozas e mozos.
Tendo como valores de fondo o traballo en equipo, a necesidade de apoio mutuo e o autocoidado persoal e profesional, esta formación pretende dotarnos de recursos, dinámicas e estratexias para afrontar situacións conflitivas que se poden dar na relación directa coas mozas e mozos, dende o seu dereito de intimidade, confidencialidade ata de ocio e tempo libre. Plantexaranse situacións de traballo, analizando as condicións e actuacións para comprender as consecuencias das nosas accións ao traballar con persoas menores de idade.
O curso ten unha carga lectiva de 20 h. e realizarase a través de videoconferencia grupal. Datas:
- 15 de outubro (venres): de 10:00 a 14:00 h.
- 16 de outubro (sábado): de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
- 22 de outubro (venres): de 10:00 a 14:00 h.
- 23 de outubro (sábado): de 10:00 a 14:00 h.
Inscricións ata o 7 de outubro de 2021 ou completar prazas.