Curso: ISE, aplicación práctica

28 - 06 - 2023

Hai uns anos, o grupo de traballo do Ceesg aBeira asumiu o reto de desenvolver un modelo de informe socioeducativo que se configurase como un instrumento profesional para a recollida de información e o traballo de intervención realizado polas e polos profesionais da Educación Social, adaptándose á intervención socioeducativa en calquera ámbito de traballo. Este traballo, que contou coa colaboración de profesionais do sector e do eido académico universitario, tivo como resultado o modelo de Informe Socioeducaivo (ISE) que actualmente está dispoñible para consulta e descarga na páxina web do Ceesg.

Hoxe continúa o traballo de aBeira para acadar a consolidación deste modelo como ferramenta básica das e dos profesionais da Educación Social en todos os ámbitos, así como a súa estandarización nos procedementos nos que se implican as administracións públicas ou outras entidades e institucións coas que se traballa en rede dende a nosa profesión.

Con este curso en liña, gratuíto e dirixido a educadoras/es sociais colexiadas, preténdese afondar na ferramenta para darlle o mellor uso por parte das educadoras/es sociais.

Desenvolverase a través de plataforma electrónica, con varias conexións en directo por videoconferencia (datas pendentes de fixar, serán entre semana en horario de tarde)

Inscricións na web do Ceesg do 1 ao 27 de setembro ou completar prazas.

Actualización 02/09/2021: PRAZAS COMPLETAS