Faladoiro: Adolescencia migrante en Galicia. Retos do acompañamento socioeducativo
Con motivo da actual polémica sobre a actuación do estado coa adolescencia migrante, o grupo de traballo de Infancia e Adolescencia Escaravellando, do Ceesg, organiza un evento virtual dirixido a toda persoa interesada en coñecer a situación da adolescencia migrante en Galicia.
Contaremos coa presentación dos últimos traballos de investigación sobre a materia, realizada polo educador social Deibe Fernández-Simo, que nos falará sobre os factores determinantes no apoio á transición á vida adulta do colectivo. Esta intervención servirá como base para o debate, no que profesionais e público en xeral poidan expoñer a súa perspectiva sobre a situación da adolescencia migrante en Galicia.
A intervención inicial durará aproximadamente 15 minutos, e o debate entre 30 e 45 minutos.
Data: 15 de setembro. | Hora: 17:00 h. | En liña.
Actividade de balde aberta a toda persoa interesada.
Non é necesaria inscrición previa. Para participar, só tes que conectarte á sesión o día e hora sinalados a través do seguinte enlace:
https://meet.jit.si/amigranteceesg (ingresa o teu nome, e dalle a ‘Entrar a la reunión’)
Se tes a aplicación Jitsi, entra na sala amigranteceesg