Guía de comunicación inclusiva, diversa e non sexista

28 - 06 - 2023

A lingua constitúe o reflexo da sociedade que a emprega. Do mesmo xeito que a realidade muda, a lingua evoluciona e adáptase a esa realidade.

Con frecuencia o uso sexista da linguaxe realízase de xeito inconsciente, e por iso mesmo cómpre facer unha análise crítica para modificalo e así evitar reproducir a discriminación e contribuír á creación dunha sociedade máis igualitaria.
Con este obxectivo, a Xunta de Goberno do Ceesg vén de aprobar unha Guía de comunicación inclusiva, diversa e non sexista; unha publicación que recolle un conxunto de pautas e recomendacións prácticas para lograr comunicarnos a través dun trato igualitario.