Eleccións á Xunta de Goberno do Ceesg
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) celebrará eleccións á Xunta de Goberno do Ceesg o sábado 19 de febreiro de 2022 na Casa das Asociacións de Cornes (Santiago de Compostela). (ver ubicación)
A convocatoria oficial de eleccións foi enviada por correo electrónico a todas as persoas con dereito a voto.
Na web do Ceesg pode consultarse a convocatoria (con información detallada sobre o proceso electoral), o calendario electoral, e o censo, e irase incorporando toda a documentación que se vaia xerando (proclamación de candidaturas, instrucións para o voto por correo, resultado do sorteo de cargos da mesa electoral, etc.)
Ver documentación do proceso electoral (necesario iniciar sesión)
Preguntas frecuentes sobre as eleccións
Enlace a estatutos do Ceesg
Artigo 17. Son dereitos dos/das colexiados/as
a) Participar na xestión do colexio, o que inclúe o dereito de petición, suxestión ou queixa aos diversos órganos; dereito de voto e de acceso aos postos e cargos directivos e de responsabilidade. Todo isto seguindo os procedementos e requisitos que establezan os estatutos, así como outras normativas do CEESG e leis que amparan os colexios profesionais.
Artigo 42. Eleccións da Xunta de Goberno
42.1.
a) A Xunta de Goberno será elixida por períodos de catro anos, e por sufraxio universal, libre, directo e segredo.
b) Será a Xunta de Goberno saínte a que convocará as eleccións en tempo e forma.
c) As candidaturas serán en listas pechadas e nelas figurarán os candidatos á Presidencia, á Vicepresidencia, ademais dos vocais.
d) Na elección participarán os/as colexiados/as que estean en pleno uso dos seus dereitos o día anterior á convocatoria oficial das eleccións.42.2. Todos os colexiados que están en pleno uso dos seus dereitos o día anterior á convocatoria oficial das eleccións teñen dereito a actuar como electores na designación dos membros da Xunta de Goberno e a ser elixibles, excepto para poder optar aos cargos de Presidencia e de Tesourería, casos nos que será esixido, como mínimo, un ano de colexiación.