19 de febreiro: Asemblea Ceesg 2022
A Asemblea Xeral é o órgano supremo de toma de decisións do colexio, formado por todas as persoas colexiadas. Cada ano reúnese como mínimo unha vez para decidir sobre a actividade do colexio.
Este ano, a Asemblea Xeral Ordinaria terá lugar o 19 de febreiro e celebrarase de xeito presencial en Santiago de Compostela.
Todas as persoas que estean colexiadas na data de convocatoria (28/01/22) están convocadas a participar. Tamén poden participar as Amigas e amigos do Ceesg (con voz e sen voto).
Durante a pausa da Asemblea, celebraranse as eleccións á Xunta de Goberno do Ceesg, e paralelamente, terá lugar o acto de entrega de premios do 7º Concurso TFG.eduso, así como unha mesa redonda sobre os actuais retos da Educación Social, na que contaremos coa participación das Colexiadas e Colexiados de Honra do Ceesg.
Por cuestións organizativas para garantir a distancia persoal no recinto, pregamos confirmar asistencia previa enviando email a ceesg@ceesg.gal ata o 18 febreiro ás 14:00 h.
Enlace á documentación da Asemblea 2022.
- Data: sábado 19 de febreiro de 2022.
- Lugar: Casa das asociacións (antiga estación de Cornes). Rúa Manuel Beiras, 3. Santiago de Compostela (ver localización)
- Inicio: 9:00 (primeira convocatoria), 9:30 (segunda convocatoria)
- Fin: 13:30 aproximadamente.