VIII Congreso Estatal de Educación Social

28 - 06 - 2023

Co lema ‘Educación Social, dignidade e dereitos’, o VIII Congreso Estatal de Educación Social arrincou finalmente o pasado 31 de marzo, tras ter sido aprazado e reformulado por mor da pandemia.

O congreso, tal como se presenta agora, está organizado de xeito descentralizado, composto de xornadas que terán lugar en distintos territorios e que poden seguirse en streaming. Un congreso que podes seguir dende a túa casa, escollendo as xornadas que che interesen do programa.

A inscrición é gratuíta para estudantes de Educación Social, educadoras/es sociais colexiadas/os e profesorado dos graos de Educación Social. A cota xeral, para outras persoas interesadas é de 10 €. A certificación está suxeita á asistencia do 80% do Congreso e ten un custe de 30€ para persoas colexiadas, estudantes e profesorado, e 60€ para público xeral.

A posibilidade de inscrición seguirá aberta ata que remate o congreso. Estas son as xornadas que a día de  hoxe quedan por celebrar:

  • 3.ª Xornada Canarias, 21 de abril
  • 4.ª Xornada País Vasco, 27 abril
  • 5.ª Xornada Madrid 30 de abril
  • 6.ª Xornada Valencia 4 maio
  • 7.ª Xornada Murcia, 12 maio
  • 8.ª Xornada Valladolid, San Pelayo, 14 maio
  • 9.ª Xornada Sevilla, 19 maio

Non te perdas o programa completo na web do congreso www.congresoeducacionsocial.org