Políticas culturais municipais, 40 anos despois
Héctor Pose. Imaxe: La Voz de Galicia
Héctor Pose Porto é escritor e profesor na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, así como reputado investigador no ámbito da acción cultural local, realidade que coñece ben polo seu labor académico e tamén por exercer de técnico municipal de Cultura e Educación durante máis dunha década.
Autor dun amplo número de artigos e participante en multitude de foros de ámbito galego, estatal e internacional, a súa visión do quefacer cultural, sobre todo dende a administración local, está firmemente asentada na dimensión socioeducativa da xestión cultural. Avogoso dunha política cultural que teña o desenvolvemento dos individuos e a sociedade como obxectivo principal, máis alá da mera conexión entre creador e consumidor de productos culturais, e das súas servidumes patrimoniais, económicas e politicas, defende a importancia da animación sociocultural e o desenvolvemento comunitario como metodoloxías substantivas, principais e irrenunciables da cultura pública local.
O pasado día 22 de abril participou no foro Políticas culturais municipais, 40 anos despois, organizado polo Consello da Cultura Galega (pode verse no enlace https://www.youtube.com/watch?v=1HMLnA043-c, entre os minutos 12:50 e 1:04:55). A súa contribución materialízase nun texto, que, o propio autor indica, “non foi pensado para ser publicado e si dramatizado oralmente. Insistíronme moito na duración da miña intervención, de aí que fose tan conciso. Non é doado, pois moitos outros aspectos merecerían ser falados, pero hai que optar”.
Polo interese da análise do profesor Pose, e a pesar do sintético da mesma, traémola á páxina do Ceesg ao cadrar a súa visión co modelo de xestión cultural que lle é propia á Educación Social, co convencemento de que a súa lectura aportará luz e valiosos elementos de reflexión sobre o traballo que desenvolvemos como xestores/as culturais.
Grupo de Traballo en Animación Sociocultural e Xestión Cultural
Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia