Buscamos persoal funcionario ou laboral fixo

28 - 06 - 2023

No Ceesg recibimos cada vez máis peticións de designación de profesionais para formar parte dos Tribunais de oposicións de concellos en prazas nas que podemos optar como educadoras/es sociais.

Pedimos a vosa colaboración para participar como integrantes de tribunais ou como persoal asesor. Se traballas na Administración Pública nun grupo A1 ou A2 e es persoal funcionario/a de carreira ou laboral fixo, envíanos un correo electrónico a ceesg@ceesg.gal indicándonos a túa situación laboral, posto e categoría profesional. Non só nos referimos a persoal de concellos ou coa denominación 'educador/a social', tamén corpos de profesorado, administración autonómica, e outros postos como Axente de Igualdade, Técnica/o de servizos sociais, etc.

O obxectivo é ampliar a listaxe de colexiadas/os que cumpren este requisito e así poder dar resposta ás peticións que poidamos recibir de concellos ou outros ou organismos públicos.

A presenza da Educación Social en tribunais de selección garante que as probas sexan adecuadas á praxe e á realidade da profesión, e supón un valor de recoñecemento para a nosa profesión.