XX Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros

28 - 06 - 2023

Un ano máis, Cabreiros celebra as súas Xornadas Interxeracionais Rurais, dando exemplo de desenvolvemento comunitario no rural galego. Unha edición especial, pois cúmprense 20 anos dende que un grupo de veciñas e veciños decidisen levar a cabo esta iniciativa na que toda a comunidade, de todas as idades, puidese participar nunha experiencia na que sumar aprendizaxes.

As Xornadas Interxeracionais darán comezo o vindeiro sábado 25 de maio e continuarán os días 1, 8 e 14 de xuño.


Ver programa detallado