Estudo situación e satisfacción laboral dos educadores e educadoras sociais en España
Desde a Universidade de Burgos, un grupo de profesores do Grupo EDINTEC está a realizar unha investigación acerca da situación e satisfacción laboral das educadoras e educadores sociais no Estado Español, e solicitan ao Ceesg a nosa participación.
Como ferramenta de recollida de datos elaborouse un cuestionario en liña, que rogamos cumprimentes.
É importante contar coa vosa participación para obter unha representación importante de educadores/as sociais dos diferentes territorios e que nos permitan avanzar na profesión e coñecer como é a satisfacción profesional dentro do colectivo.
Os resultados xerais difundiranse a través de publicacións de maneira que calquera colexio profesional ou persoa interesada poida ter acceso aos mesmos e sexan útiles para os intereses do colectivo.
Moitas grazas pola túa colaboración!