Convivencia de Educación Social. Inscrición anticipada
Este ano celebraremos o Día Internacional da Educación Social coa celebración dunha Convivencia de profesionais e estudantes de educación social, na que pode participar calquera persoa interesada, xa que contamos cun programa cheo de actividades diversas: formación, feira de entidades, actividades culturais, actuacións musicais, natureza… que será os días 1 e 2 de outubro en Lobios (Ourense)
Estamos agora na recta final para quen queira inscribirse coa tarifa reducida (ata o 15 de setembro, incluído)
Recordamos que hai diferentes opcións de inscricións, coa posibilidade de asistir un ou dous días, e que a cota de inscrición inclúe:
- Participación no Seminario Internacional da Educación Social
- Pernocta en pavillón (para quen o solicite)
- Roteiro guiado (para quen o solicite, prazas limitadas)
- Actividades do sábado á tarde (entrada libre)
- Festival de música (entrada libre)
- Segundo a opción escollida, inclúense diferentes comidas: xantar do sábado, magosto, e almorzo e xantar do domingo.
Animamos a todas as colexiadas e colexiados a unirvos a esta festa da Educación Social, recordando que na nosa web hai información sobre opcións de aloxamento alternativas, con prezos especiais para participantes na Convivencia.