Expertas en educación apoian a iniciativa ‘Por unha escola segura’
Esta tarde presentouse en Santiago de Compostela e Ourense a iniciativa ‘Por unha escola segura’, a través da cal 38 persoas expertas en Educación asinan un posicionamento no que sinalan a necesidade de que nas escolas se preste unha atención á infancia centrada no seu benestar integral.
Segundo investigacións recentes, o actual sistema educativo adoece da falta de atención aos factores sociais das nenas e nenos, que son a causa principal da exclusión escolar. Para atallar esta situación, sinalan que é necesario un cambio de modelo educativo que contemple estratexias eficaces de prevención.
As persoas asinantes desta iniciativa son persoal experto en educación, con liñas de investigación activas sobre o sistema educativo e sobre a intervención socioeducativa.
No acto de presentación participaron representantes do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, da Universidade da Coruña, Universidade de Vigo e Universidade de Santiago.
Poden verse imaxes do acto nas redes sociais do Ceesg.