Declaración Institucional de compromiso co traballo libre de acoso sexual ou por razón de sexo

12 - 07 - 2023

Declaración Institucional de compromiso co traballo libre de acoso sexual ou por razón de sexo

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia fai público ou seu compromiso co obxectivo de fomentar e manter un entorno de traballo seguro e respectuoso coa dignidade, a liberdade individual e os dereitos fundamentais de todas as persoas que integran a nosa organización.

De acordo con ese compromiso, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia declara que as actitudes de acoso sexual e acoso por razón de sexo representan un atentado grave contra a dignidade das persoas e dos seus dereitos fundamentais.

Polo tanto, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia comprométese a:

  • Non permitir nin tolerar baixo ningún concepto comportamentos, actitudes ou situacións de acoso sexual e acoso por razón de sexo.
  • Non ignorar as queixas, reclamacións e denuncias dos casos de acoso sexual e acoso por razón de sexo que se poidan producir na organización.
  • Recibir e tramitar de forma rigorosa e rápida, así como coas debidas garantías de seguridade xurídica, confidencialidade, imparcialidade e dereito de defensa das persoas implicadas, todas as queixas, reclamacións e denuncias que puideran producirse.
  • Garantir que non se producirá ningún tipo de represalia nin contra as persoas que formulen queixas, reclamacións ou denuncias, nin contra aquelas que participen no seu proceso de resolución.
  • Sancionar ás persoas que acosen en función das circunstancias e condicionamentos do seu comportamento ou actitude.

Para a consecución efectiva deste compromiso Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia , esixe de todas e cada unha das persoas que integran a súa organización que asuman as seguintes responsabilidades:

  • Tratar a todas as persoas coas que se manteñan relacións por motivos de traballo (provedores/as, clientela, persoal colaborador externo, etc.) con respecto a súa dignidade e aos seus dereitos fundamentais.
  • Evitar comportamentos, actitudes ou accións que son ou poidan ser ofensivas, humillantes, degradantes, molestas, intimidatorias ou hostís. Actuar adecuadamente fronte a eses comportamentos, actitudes ou accións: non ignorándoos, non tolerándoos, manifestando o seu desacordo, impedindo que se repitan ou se agraven, comunicándoos ás persoas designadas ao efecto, así como prestando apoio ás persoas que os sofren.

Pola súa parte, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia comprométese a establecer as seguintes medidas para a prevención e actuación fronte ao acoso sexual e/ou acoso por razón de sexo:

  • Deseño dun protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo.
  • Difusión e distribución entre todas as persoas traballadoras do protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo.
  • Realización de accións formativas en materia de prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo entre o persoal directivo, mandos intermedios e persoas designadas para a recepción, tramitación e resolución das queixas, reclamacións e denuncias.
  • Realización de campañas formativas, informativas e de sensibilización en materia de prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo a todo o persoal da entidade, así como ao persoal de novo ingreso.
  • Deseño e distribución de folletos informativos en materia de prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo, dando a coñecer as vías de resolución de estas situacións, tanto no ámbito da entidade, como fóra da mesma.
  • Designación dunha persoa ou equipo de persoas, con formación específica en igualdade entre mulleres e homes, prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo e habilidades sociais para a recepción, tramitación e resolución das queixas, reclamacións e denuncias nesta materia.
  • Establecemento dun servicio de asesoramento, apoio e asistencia ás persoas que poidan sufrir estes comportamentos, composto por persoas coa formación e aptitudes necesarias para o desempeño dese labor.
  • Inclusión das medidas para a prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo no plan de igualdade da entidade.
  • Avaliación e seguimento, con carácter periódico, do desenvolvemento, funcionamento e efectividade do protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo.

Asinado en Santiago de Compostela, a 19 de xuño de 2021

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

Ver protocolo de prevención e actuación do acoso sexual e o acoso por razón de sexo