Día Internacional da Educación Social. Contra os discursos do odio
Hoxe, 2 de outubro, celébrase o Día Internacional da Educación Social.
No Ceesg celebramos esta data especial cunha fin de semana moi intensa, na que celebramos e homenaxeamos a profesión na II Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social xunto con profesionais, alumnado, profesorado, e tamén coa veciñanza de Lobios. Foi unha oportunidade para achegarnos, coñecernos, recoñecernos, compartir coñecementos e experiencias. Con valiosas formacións, espazos para o encontro, para coñecer a etnografía, cultura e os recursos naturais da zona... unha experiencia inesquecible. Grazas pola boa acollida e grazas a todas as persoas e entidades que o fixeron posible.
Nesta data especial, e xa a nivel estatal, o Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales emitiu un manifesto que pon a atención nos discursos do odio, e que nos á reflexión como profesionais e que apela aos poderes públicos a favorecer a cohesión social.
Ver manifesto do CGCEES polo DIES 2023