Xornada técnica: A intervención socioeducativa feminista na Educación Social
As educadoras e educadores sociais atopámonos nunha posición favorable para reducir situacións de desigualdade de xénero. A nosa capacitación para traballar no acompañamento individual desde o contexto comunitario supón unha extraordinaria posibilidade de socialización en igualdade para toda a cidadanía. É fundamental que como profesionais tomemos conciencia disto e que incorporemos a perspectiva feminista nas nosas intervencións.
A Xornada técnica ‘A intervención socioeducativa feminista na Educación Social’ vén a afondar neste asunto, e daranos a oportunidade de escoitar a diferentes relatoras que nos achegarán o seu punto de vista dende diferentes perspectivas e afondando ademais en diferentes cuestións, como o antirracismo, os procesos sociais, a violencia sexual e maltrato infantil, as conductas adictivas, e ou traballo dende a administración local, entre outros. A profesora da Universidade da Coruña e colexiada de honra do Ceesg Ana Iglesias Galdo será a encargada de achegar as conclusións da xornada e pechar a sesión co seu relatorio ‘A urxencia máis feminismo, tamén na Educación Social’.
Esta xornada súmase ás accións que dende o grupo Fiadeiras, do Ceesg, vén levando a cabo para promover a perspectiva feminista na Educación Social. A máis recente, a publicación do libro ‘Son de Fiar’, que parte da educación social e achega unha mirada crítica respecto da propia profesión. Trátase dunha proposta pedagóxica cunha clara vontade didáctica. Un material que pode ser empregado en formacións ou no traballo educativo das e dos profesionais das administracións públicas, máis próximas á cidadanía e das entidades privadas. No transcurso da Xornada tamén se fará unha presentación deste libro.
Datos básicos da Xornada:
Data: 26 de outubro de 9:30 a 14:00 h.
Lugar: Facultade de Ciencias da Educación. Universidade da Coruña.
Inscrición: Gratuíta, previa inscrición.
Ir á web coa información detallada, programa completo e formulario de inscricións.