Mesa de debate: Educación Social, escola inclusiva, segura e libre de violencias
O vindeiro venres 17 de novembro celebraremos unha mesa de debate na que participarán as tres universidades galegas e o Ceesg.
Educación social: escola inclusiva, segura e libre de violencias.
O acto poderá seguirse en liña por videoconferencia de xeito gratuito.
O papel da Educación Social no eido escolar segue sendo obxecto de debate, e nesta mesa coñeceremos o punto de vista de persoas expertas en educación.
O Ceesg defende a Educación Social como unha vía idónea para a atención ao factor social do alumnado, onde está a etioloxía da exclusión escolar, segundo sinalan investigacións recentes. A participación do Ceesg nesta mesa situará precisamente as liñas argumentais máis importantes que sosteñen esta postura que aposta por un cambio de modelo escolar.
Data: venres 17 de novembro
Hora: 12:00 h.