Formación Ceesg: Achegamento á saúde mental dende a Educación Social
14 - 02 - 2024
Curso: Achegamento á saúde mental dende a Educación Social.
Esta é unha acción formativa deseñada con moito mimo, esforzo, cariño e traballo que se lanzou o ano pasado por vez primeira. Ante o éxito acadado, sobretodo con respecto ao grao de satisfacción das persoas participantes que, na súa totalidade, describiron a formación como valiosísima para o desempeño profesionale calificaron á docente como excelente.
Este curso axudaranos a entender o funcionamento do cerebro, a regulación emocional, o apego e o trauma, para entender as condutas das persoas desde as experiencias vividas. Este é un aspecto moi importante cando se traballa con persoas en situación vulnerable, moitas veces afectadas en certa medida por eventos traumáticos.
Datas: 12 de abril, 3 de maio e 7 de xuño, de 9:30 a 13:30 e de 14:30 a 18:30 h.
Lugar: Santiago de Compostela (sede do Ceesg)
Duración: 25 horas.
Prazo de inscrición: ata o 1 de abril ou completar prazas.