Formación Ceesg: Lei Orgánica de Protección de datos e o seu desempeño na Educación Social
Obradoiro: Lei Orgánica de Protección de datos e o seu desempeño na Educación Social.
As Educadoras e Educadores Sociais acompañan a moitísimos colectivos, especialmente os máis vulnerables. Nese labor de acompañamento as profesionais necesitan afondar en problemáticas complexas nas que se traballa con datos persoais das persoas e colectivos aos que se acompaña.
O tratamento da información e como garantir a súa custodia e bo uso son elementos fundamentais para que unha intervención educativa sexa exitosa e acorde co código deontolóxico das Educadoras e Educadores Sociais.
Por esta razón o Ceesg oferta este obradoiro para que as colexiadas e colexiados poidan resolver as súas dúbidas con respecto a Lei Orgánica de Protección de Datos e como afecta esta ao seu desempeño profesional.
Que é un dato de carácter persoal?, quen é responsable do tratamento de datos?, lexitimación para o tratamento de datos, deber de segredo, supresión de datos, tratamento de datos e menores de idade, etc.
Neste obradoiro poderás resolver as túas dúbidas así como traballar con casos prácticos.
Impartido por persoal do servizo xurídico do Colexio.
- DATAS E HORARIOS:
Sábado 16 de marzo 2024 durante a Asemblea do Ceesg.
De 12:45 a 13:45 h. - LUGAR:
Centro Cívico Monelos, A Coruña (ver ubicación) - MODALIDADE:
Presencial. - COTA INSCRICIÓN:
De balde.