Próximo número da revista Galeduso: Renda básica
Retomamos o traballo sobre Galeduso, a revista galega de Educación Social.
Como veu sucedendo cos últimos números, o próximo será un monográfico, desta volta centrado na Renda Básica.
Nos anos 2019 e 2022 tivemos a oportunidade de achegarnos e afondar no coñecemento da Renda Básica, implicándonos na organización das xornadas Renda básica: o novo dereito social necesario e do XIX Simposio Red Renta Básica: colocando a vida no centro. A Renda Básica defínese como un ingreso regular suficiente, universal, incondicional e individual. A súa implantación suporía un cambio nas políticas sociais e económicas, e achegaríanos a un modelo de sociedade máis igualitaria.
Con este monográfico da revista pretendemos continuar fomentando o debate e o coñecemento sobre a renda básica. Estamos nun momento inicial, no que nos gustaría incorporar a algunha persoa ao consello de redacción deste número. Esta colaboración pode levar consigo tarefas como pensar nos contidos, contactar con posibles autoras/es dos artigos, revisar os textos e adaptalos de ser necesario, e colaborar co persoal do Ceesg no proceso de edición. Todo isto compartido co equipo de persoas que están implicadas xa neste proceso, a tavés de traballo fundamentalmente virtual. Un pequeno compromiso que non supón un gran esforzo pero que pode resultar enriquecedor. Anímaste?
Se necesitas máis información, contáctanos e resolvemos calquera dúbida que teñas.