A incorporación de rutinas de autocoidado son clave para mellorar a
calidade de vida e previr enfermidades, tanto físicas como mentais
(ansiedade, depresión, entre outros). Isto favorece o restablecemento da
saúde e empodera á persoa, dándolle máis recursos e control sobre a
situación que está a manexar, como podemos coidar aos demais se non
somos capaces de coidarnos a nós mesmas. Aprender a coidarse é unha
forma de mellorar a relación cun mesmo, implica coñecerse mellor e saber
que prácticas e intereses abonan á propia saúde.
Datos básicos do curso
- DATAS E HORARIOS:
11, 18 e 25 de xuño + 2, 9, 16, 23 e 30 de xullo. Todos os martes dende o 11 de xuño ao 30 de xullo de 19:30h a 21:00h. - DURACIÓN:
12 horas de formación certificada repartidas en 8 semanas - LUGAR:
Aula virtual do Ceesg - MODALIDADE:
En liña - PERSOAS DESTINATARIAS:
Formación aberta a todo o mundo que teña interese na formación con 50% de desconto para Edusas colexiadas. - COTA MATRÍCULA: 50€ para Colexiadas e Amigas do Ceesg (ou calquera colexio profesional adscrito ao CGCEES) e 100€ para persoas non colexiadas.
- DATA LÍMITE INSCRICIÓNS: 28 de maio.
Ver todos os detalles da formación