Día Internacional da Educación Social
Hoxe, 2 de outubro, é o Día Internacional da Educación Social.
A III Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social “Xurés 2024”, celebrada a pasada fin de semana, foi a celebración do Ceesg desta data especial para a profesión. Consolídase este encontro como un punto de encontro entre profesionais, alumnado e profesorado de Educación Social, coa implicación tamén da veciñanza da zona. Unhas xornadas nas que achegarnos facendo medrar a nosa rede e onde coñecer experiencias de diferentes territorios. Sen esquecer a ocasión de gozar da contorna natural e de espazos para o lecer e a cultura.
Grazas á veciñanza pola boa acollida e grazas a todas as persoas e entidades que o fixeron posible.
A nivel estatal,
o Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales emite hoxe un
manifesto que salienta a vinculación da nosa profesión coa defensa, promoción e
protección dos Dereitos Humanos. O Ceesg súmase a este manifesto, que deixamos
dispoñible para a súa lectura a continuación
Ver manifesto do CGCEES polo DIES 2024