Presentación do estudo Edusogal

10 - 01 - 2025

Nos últimos meses, as universidades galegas coa colaboración do Ceesg recollemos e analizamos datos para a realización dun estudo diagnóstico sobre a Educación Social en Galicia.
Estes datos revelan a situación real da profesión e das/os profesionais en Galicia, o que orientará as accións do Ceesg, e achega información sobre as necesidades formativas actuais, o que axudará a orientar os planos de estudo universitarios.
Convidámoste a coñecer as principais conclusións deste estudo na presentación en liña que terá lugar o vindeiro 23 de xaneiro ás 13:00 h.

Proximamente compartiremos o enlace de conexión para asistir á presentación en directo.