Conmemora o 8M coa camiseta feminista da Educación Social
06 - 02 - 2025
O Ceesg lanza unha nova camiseta, de cara ao Día Internacional das Mulleres, o 8 de marzo.
Esta camiseta é unha homenaxe non só ás mulleres senón tamén á Educación Social, a profesión que día a día transforma vidas e constrúe unha sociedade máis xusta.
Cun deseño único, esta camiseta é perfecta para facer visible o teu compromiso e lucir con orgullo a loita que como profesionais levamos a cabo pola igualdade e os dereitos das mulleres.
Dispoñible na web do Ceesg.