CIPIES-25. Ampliación do prazo de presentación de Simposios e Comunicacións

13 - 02 - 2025

O Congreso Internacional, Profesional e Interuniversitario de Educación Social amplía o prazo de presentación de comunicacións e simposios ata o 23 de febreiro.

Recordamos que o Congreso celebrarase os días 8 e 9 de maio de 2025 en Santiago de Compostela, baixo o lema “Acompañamento socioeducativo e benestar”, e cos seguintes eixos temáticos:

  • Benestar, comunidade e calidade de vida
  • Diversidade e interseccionalidade
  • Educacións críticas e transformadoras
  • Corpo, artes e medios audiovisuais
  • Ámbitos emerxentes.

 

Animámoste a presentar os teus traballos en calquera das dúas modalidades dispoñibles:

  • Simposio: Se coordinas un grupo de investigación ou traballas nun proxecto colectivo, podes propoñer un simposio que agrupe varias contribucións arredor dun tema común vinculado co congreso. 
  • Comunicación: Se tes un estudo, experiencia ou reflexión que desexes compartir, podes presentar unha comunicación para compartir en torno aos eixos temáticos que estruturan o congreso.​

Dá a coñecer o teu traballo e contribúe a un diálogo enriquecedor que impulse o cambio social a través da educación. 

As propostas aceptadas e presentadas no Congreso poderanse postular posteriormente como capítulo de libro, que será publicado pola editorial Octaedro no ano 2026 en formato ebook.

As indicacións e requisitos para a presentación de Simposios e Comunicacións está detallada na web do Congreso.