Queremos galego!

18 - 02 - 2025

O Ceesg adheriuse hai tempo á plataforma Queremos Galego, pola defensa e promoción da lingua galega. Así reafirmamos o noso compromiso coa cultura e lingua galegas como valor que forma parte da nosa identidade e que esencial manter e fortalecer nos ámbitos cotiás e tamén nos profesionais.

Neste contexto, o Ceesg tamén se sumará á manifestación do 23 de febreiro en Compostela en defensa da lingua galega, unha data clave para seguir visibilizando a importancia de que a nosa lingua goce dunha situación de igualdade e prestixio dentro da sociedade. 

Convidamos a toda a cidadanía a unirse, porque o galego é de todas e todos.

A defensa do galego é tamén a defensa da nosa cultura, da nosa historia e da nosa identidade. 

Unámonos para que o galego siga sendo un pilar da nosa cultura e da nosa vida diaria. ¡Queremos galego!