Preocupación pola situación da Educación Social en Asturias
Dende o Ceesg seguimos con preocupación os debates que están xurdindo en Asturias nos que se está poñendo en cuestión os espazos profesionais e académicos que lexitimamente corresponden á Educación Social, coa intención de abrir a posibilidade de que persoal con outras titulacións poida acceder a estes postos.
Recentemente trasladamos esta preocupación aos grupos parlamentarios do Principado de Asturias, solicitando que se respecte espazo profesional que nos corresponde.
Cómpre recordar a especialización que nos dota o Grao universitario de Educación Social, e por suposto, tampouco hai que esquecer que traballamos con persoas, na maioría dos casos en situación de vulnerabilidade, que merecen unha atención especializada. Esperamos que isto sexa o que pese, e non os discursos de grupos de interese que defenden os sindicatos asturianos.
Todo o noso apoio ao Colegio Profesional de la Educación Social del Principado de Asturias.
Deixamos algúns enlaces para maior información: