Participación na I Xornada Internacional 'Coidar a saúde mental da mocidade en risco'
18 - 03 - 2025
O vindeiro 24 de abril a presidenta do Ceesg, Sonia González, participará na Xornada Internacional de Reflexión: coidar a saúde mental da mocidade en risco, organizada pola ONG Igaxes.
Esta primeira xornada internacional de reflexión reunirá nun espazo, a especialistas de diferentes ámbitos que compartirán experiencias, estratexias e ferramentas para mellorar o acompañamento socioeducativo e garantir o benestar tanto da mocidade como dos equipos que os acompañan.