Dispoñible a lista de simposios e comunicacións do CIPIES 2025
A organización do I Congreso Internacional, Profesional e Interuniversitario de Educación Social publicou a listaxe de comunicacións e simposios que completarán o programa do Congreso, que podes consultar no documento anexo.
Se tes previsto participar como congresista, ten en conta que en algúns momentos haberá actividades simultáneas, polo que é importante coñecer esta parte do programa para poder planificar a túa asistencia ás actividades.
Haberá actividades simultáneas nas seguintes franxas horarias:
- Xoves 8 de abril, 15:30 - 16:30 h:
- Mesas de Simposios
- Espazo de encontro: "Educación social feminista"
- Venres 9 de abril, 12:00 - 13:00 h:
- Mesas de Simposios
- Obradoiro: "Entre páxinas e realidades: reflexións a través de libros de Educación Social"
Ten en conta que as prazas para o Espazo de encontro feminista e o Obradoiro son limitadas. Quen desexe asistir deberá confirmalo a través do formulario que se lle fará chegar unha vez completada a inscrición no CIPIES.
A continuación deixamos unhas imaxes explicativas sobre o que podemos esperar no Espazo de encontro "Educación Social Feminista" e o Taller de lecturas, e no documento axunto a listaxe de simposios e comunicacións.
A información completa sobre o programa está dispoñible na web do Congreso: www.cipies.org, así como o formulario de inscrición.
INSCRICIÓNS ATA O 20 DE ABRIL