Faladoiro: Novas formas de comunicar na Educación Social
A comunicación no eido da Educación Social está a cambiar, e as redes sociais convertéronse nunha ferramenta clave para visibilizar, sensibilizar e transformar realidades.
Convidámoste a participar nesta mesa de diálogo onde abordaremos como as novas formas de comunicación dixital están a impactar no labor educativo e social, da man de dúas profesionais que fan das súas redes un espazo de divulgación, sensibilización e loita de dereitos:
@discapacidad.eduser – Cata Puelles, educadora social e divulgadora centrada en discapacidade e dereitos.
@eduso.antirracista – Angelly Ferreiro, educadora social especializada en intervención antirracista e feminismos.
Un espazo para compartir experiencias, reflexionar colectivamente e descubrir como a comunicación dixital pode ser unha aliada para o cambio social.
Data: Mércores 23 de abril de 2025.
Hora: 10:45 h.
Lugar: A Coruña. Facultade de Cc. da Educación da Universidade da Coruña.
Entrada libre sen inscrición previa.
Agardámoste para dialogar, descubrir e construír novas formas de comunicar na Educación Social!