Faladoiro en Ourense: Novas formas de comunicar na Educación Social

29 - 04 - 2025

O vindeiro luns 5 de maio, ás 17:30 horas, terá lugar no Aula Emilia Pardo Bazán da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo (Campus de Ourense) unha nova edición do faladoiro "Novas formas de comunicar en Educación Social: a divulgación en redes sociais".

Nesta ocasión contaremos coa participación de dúas profesionais da educación social que están a empregar as redes sociais como canle para a divulgación, a sensibilización e o activismo:

  • Cata Puelles – @discapacidad.eduser

  • Estefanía Piñón – @reds.revolucioneducacionsocial

O faladoiro será un espazo de reflexión arredor do papel das plataformas dixitais na transformación social, a visibilización de realidades diversas e a creación de discursos críticos dende a práctica da educación social.

Esta actividade está organizada en colaboración coa Universidade de Vigo, no marco das accións de difusión e dinamización do ámbito da Educación Social.


Data: Luns 5 de maio

Hora: 17:30 h

Lugar: Aula Emilia Pardo Bazán, Facultade de Educación e Traballo Social – Campus de Ourense (UVigo)

Entrada libre ata completar aforo.