Formación Convivencial para Profesionais dos SEAFs 2025

19 - 05 - 2025

Impulsando a rede de apoio familiar dende a Educación Social

Os Servizos de Educación e Apoio Familiar (SEAFs) levan anos consolidándose como un recurso esencial nos concellos galegos, ofrecendo acompañamento, orientación e apoio ás familias dende unha perspectiva socioeducativa.

Dende o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) continuamos co noso compromiso de fortalecer o papel dos SEAFs mediante formación especializada, promovendo un tecido profesional colaborativo, innovador e participativo, tal e como recolle a normativa galega de servizos sociais.

Tras iniciar esta liña formativa en 2023 coa colaboración da Dirección Xeral de Familia da Xunta de Galicia, este 2025 reafirmamos esa alianza para seguir priorizando os SEAFs como recurso clave nos Servizos Sociais Comunitarios dos concellos de Galicia.

formato convivencial desta formación busca reforzar a cohesión entre as profesionais da Educación Social, apostando por espazos de coordinación, autocoidado e sororidade, favorecendo o recoñecemento mutuo e o benestar profesional.

📌 Importante:

  • A asistencia completa á convivencia é obrigatoria para acadar os obxectivos propostos.

  • Expedirase certificado de asistencia de 20 horas.

Un espazo para conectar, coidar e avanzar conxuntamente na mellora dos SEAFs.
Seguimos creando rede. Seguimos facendo comunidade.


Ver información detallada