Desconto no II Congreso Internacional “Educación y Ámbito Penitenciario. I Foro Global de Educación Social en medio abierto con personas (ex) privadas de la libertad
II Congreso Internacional “Educación y Ámbito Penitenciario. I Foro Global de Educación Social en medio abierto con personas (ex) privadas de la libertad
Cun programa provisional nacional e internacional moi interesante, trataranse temas como a Educación formal e a Educación Social no ámbito penitenciario mundial, europeo, latinoamericano ou nos EUA. Do mesmo xeito proxéctanse os avances vinculados á reincorporación sociocomunitaria e o medio aberto, así como o papel da Educación Social na reincorporación social.
Este Congreso/Foro está coorganizado pola UNED, a RED INN (Incarceration Nations Network) - Global Freedom Scholars Network (o GFS), así como entidades colaboradoras tales como Escuni, SGIP, SIPS, CGCEES, AEIJI, UCLA, e outras moitas entidades nacionais e internacionais.
Lembramos que é posible presentar RESUMO de comunicación (publicando ciencia abierta Repositorio UNED) ou ponencia (Editorial Narcea), en catro liñas ata o 30 de setembro:
Liña 1. Políticas, normativas e programas públicos e privados sobre Educación, Ámbito Penitenciario e Medio Aberto con (Ex) Persoas privadas da liberdade.
Liña 2. Boas prácticas e experiencias a nivel internacional, nacional, rexional e local de Educación (Social) para a vida en Liberdade.
Liña 3. Alianza de entidades e universidades con persoas (ex) privadas da liberdade.
Liña 4. Medio aberto e Educación Social.
(Presentanse por escrito como resumo, non é preciso presentalas oralmente).
Os prezos reducidos na matrícula son ata o 15 de setembro de 2025, con descontos especiais para socios da SIPS, do CGCEES e de todos os colexios autonómicos do estado español e entidades federadas na AIEJI, así como todas as entidades que forman parte da Global Alliance for Social Pedagogy and Social Education.
Programa e máis información na WEB do Congreso: https://multiweb.uned.es/w45523/