Desconto no 7th International Congress – 52ª Jornadas Nacionales de Socidrogalcohol
7th International Congress – 52ª Jornadas Nacionales de Socidrogalcohol
Este congreso, con máis de medio século de experiencia, consolidouse como un espazo clave para o intercambio científico e profesional no ámbito das adiccións. Cun enfoque biopsicosocial e internacional, aborda a investigación, prevención, tratamento, redución de danos, inserción sociolaboral, políticas públicas e aspectos lexislativos relacionados coas condutas adictivas.
O programa inclúe relatorios maxistrais, mesas redondas, debates, obradoiros prácticos e sesións interactivas, fomentando o diálogo entre profesionais consolidadas/os e novas/os investigadoras/es. Celebrarase en formato híbrido, permitindo a participación presencial e en liña, con acceso aos contidos durante o mes posterior.
Ademais, o congreso terá lugar en Ourense, unha cidade con rica tradición cultural e termal, que ofrece unha experiencia científica e cultural única.
Ofrece cotas reducidas para as colexiadas/os do Ceesg.
Datas importantes:
Cota reducida ata o 10 de setembro
Envío de comunicacións ata o 4 de xuño
Programa e máis información na WEB: https://jornadas2025.socidrogalcohol.org/presentacion/